<<A mesma tormenta, barcos diferentes>>
Concurso plástico, literario e audiovisual, para veciños e veciñas do barrio de Fontiñas (21 Decembro - 21 Xaneiro)
01.
O concurso está dirixido a calquera veciño do barrio de Fontiñas, aínda que se valorarán traballos de barrios colindantes.
02.
A participación é de balde, e implica a aceptación destas bases.
03.
O prazo para a recepción das obras será do 21 de decembro ao 21 de xaneiro.
04.
Os autores depositarán os seus traballos en formato físico (excepto os videos) nos puntos de recollida habilitados, nun sobre no que se indique o título e/ou lema da obra e dentro del:
- A obra e unha explicación, en caso de que o autor a estime necesaria.
-Un sobre máis pequeno -pechado- cos datos completos: Nome, apelidos, idade, enderezo postal, correo electrónico e teléfono de contacto. Categoría na que compite: Palabra Escrita / Imaxe / Audiovisual.
É imprescindible entregar as obras en formato físico, excepto os traballos audiovisuais, que poden ser enviados por correo electrónico ou a través de "we transfer" a construindobarrio@gmail.com, indicando todos os datos sinalados anteriormente.
Puntos habilitados para a recollida de obras:
IES Antón Fraguas (para alumnado e persoal do centro): conserxería.
IES As Fontiñas (para alumnado e persoal do centro): conserxería.
Biblioteca do Centro Sociocultural de Fontiñas.
Parroquia de San Antonio (horario: 18:30h - 19:15h).
Área Central
Os autores avisarán cando depositen a súa obra, por correo electrónico a construindobarrio@gmail.com, indicando nome e apelidos, o título da obra e o día na que se entrega.
05.
Establécense 3 categorías: PALABRA ESCRITA, IMAXE, AUDIOVISUAL.
E 4 tramos de idade:
De 12 a 18 anos.*
De 19 a 30 anos.
De 31 a 60 anos.
Máis de 60 anos.
As características de cada categoría serán as seguintes:
PALABRA ESCRITA: Relato, ensaio ou poesía ou canción, en galego ou español, cun máximo de 300 palabras.
IMAXE: debuxos, fotografías, pinturas ou collage, en soporte físico ou dixital un tamaño máximo de 50x50 cm para o soporte papel, e para formato dixital un máximo de 2048 MPixels en formato JPEG (as obras dixitais, agás os videos, deben entregarse tamén en formato impreso nos puntos de recollida habilitados).
AUDIOVISUAL: videos en formato mp4 ou avi, dunha duración máxima de 50 segundos, con alta resolución e un tamaño máximo de 8Mb.
*Precisarase autorización da nai e/ou pai para expoñer as obras dos menores.
06.
Os criterios de valoración serán: a calidade técnica, a orixinalidade e a expresividade para mostrar a vivencia do covid no barrio.
07.
A organización resérvase o dereito de rexeitar as obras que non cumpran con estas bases.
08.
O xurado estará formado por 3 veciños por cada categoría, que colaboren gratuitamente e serán seleccionados pola organización.
09.
O prazo para a puntuación das obras será do 22 de xaneiro ao 15 de febreiro.
10.
Os finalistas e gañadores daranse a coñecer o día 20 de febreiro, nun acto público presencial no barrio (lugar por confirmar) e facilitarase a conexion online, e ese mesmo día nas redes sociais.
11.
Como PREMIO farase unha exposición (20 de febreiro a 12 de marzo) dos traballos en diferentes puntos do barrio e farase unha peza final (publicación) que se difundirá na comunidade. Tamén darase difusión a través dos medios de comunicación social.
12.
Para a devolución de pezas establécese un prazo máximo ata o 30 de abril de 2021. A organización terá dereito á reprodución das obras en calquera momento e formato. Coa aceptación destas bases os participantes conceden permiso para isto.
