Detrás de "Construíndo Barrio Fontiñas" estamos un pequeno grupo de veciños de Fontiñas e arredores, que desexamos un barrio con maior colaboración e unha vida comunitaria máis activa. Durante o mes de novembro de 2020 reunímonos a través de internet para coñecernos e compartir algunhas primeiras ideas que se poden servir para comenzar, e para que máis xente do barrio poida unirse en clave de colaboración mutua e solidariedade. A primeira das iniciativas será un concurso sobre a experiencia da Covid no barrio, así como o lanzamento dalgunhas páxinas nas redes sociais, a través das cales agardamos que se xunte nova xente para seguir construíndo barrio. Agardámoste!
