Construíndo Barrio é un grupo aberto e en construción, formado por persoas do barrio de Fontiñas e rúas cercanas que, a finais de 2020, comezamos a reunirnos ante a necesidade que vemos de fortalecer os lazos veciñais no barrio de Fontiñas. Observamos que, nun barrio tan poboado e con tantas posibilidades, as dinámicas de organización veciñal están lonxe do que foron noutros tempos, e máis lonxe aínda do que os tempos actuáis requieren, ante un escenario de forte crise para a maioría. Despois dalgunhas reunións por internet, lanzámonos a propoñer un concurso sobre a vivencia da Covid-19 que, aínda que tivo moi baixa participación, permitiunos comezar a actuar en común, coñecer a moitas persoas e organizacións que quixeron colaborar con nós, e mesmo a algunhas máis que se interesaron por unirse ao grupo. Seguimos, a pesar das limitacións desta situación de pandemia, buscando a forma de servir ás necesidades do barrio e, en especial, ás de quen estea en situación de paro, precariedade ou exclusión. Nesta fase de construcción, apostamos por seguir coñecendo os intereses e necesidades do barrio, e identificamos dúas liñas de traballo principais: por un lado, a realización de actividades culturáis que favorezan a relación veciñal e o maior coñecemento da contorna. Por outro, a creación dunha rede con enfoque de apoio mutuo, máis que meramente asistencial, na que sexa posible cubrir as necesidades da veciñanza a través de compartir traballo, recursos, compaña…cada quen desde o que poida aportar. O grupo é aberto a calqueira veciño/a con interés en colaborar gratuitamente, non ten adsrición política nin recibe subvencións, e organízase de xeito horizontal para a toma de decisións.
Agardámoste!!
Podes seguirnos por Facebook e Instagram, ou unirte ó grupo a través desas redes ou a través do formulario de contacto deste blog.



Comentarios
Publicar un comentario